example4

30999442 literatura medieval

Report

Tamaño de archivo 74 KB
 
Publicado por martixa
 
Visto 108 veces

To view this page ensure that Adobe Flash Player version 10.0.0 or greater is installed.

Get Adobe Flash player

LITERATURA MEDIEVAL Galicia na Idade Media y CONTEXTO HISTÓRICO A Idade Media comeza no século V, coa caída do Imperio Romano. Na sociedade feudal, existían 3 estamentos: nobreza, clero e campesiñado. Os dous primeiros posuían as terras mentres que os campesiños pedíanlles protección aos nobres, a cambio de traballar as propiedades agrícolas (feudos) e de pagar tributos.

Coa chegada da Baixa Idade Media aparecería a burguesía. Neste esquema social era fundamental a relación señor-vasalo, que se estendía a todas as capas sociais. Era unha sociedade xerárquica, organizada en forma de pirámide, no cumio atopábase o rei.

No ámbito político, no século XII produciuse a separación entre Galicia e Portugal e a integración de Galicia na coroa de Castela. Nas dúas grandes loitas sucesorias pola coroa de castelá a nobreza galega foi derrotada e isto incidiu de forma negativa no futuro de Galicia. A economía era basicamente agrícola.

Os labregos estaban obrigados a pagarlle tributos ao seu señor, xa fose da nobreza o do clero. Os séculos XII e XIII foron unha época de gran desenvolvemento (paz, +comida, +literatura). Nestes núcleos urbanos apareceu unha nova clase social: a burguesía, dedicada ao comercio e aos oficio artesanais.

No século XIV vivíronse malas colleitas que provocaron a fame e a crise. No século XV, a burguesía e o pobo sublevouse contra os nobres nas revoltas irmandiñas. Os reis de Castela e Portugal axudaron a nobreza a neutralizar as rebelións, conseguírono e mantívose o esquema social anterior.

Respecto da cultura, o descubrimento do sepulcro do Apóstolo no ano 813 ... more.

fixo que chegaran a Galicia, a través do Camiño de Santiago as correntes culturais europeas da época. Estas mesturáronse coa cultura autóctona e produciuse un gran florecemento artístico. y SITUACIÓN LINGÜÍSTICA A evolución do latín ao galego produciuse de forma paulatina e inapreciable.


Nos séculos VII-VIII, o latín e o galego (galego-portugués) xa eran dous idiomas distintos. A causa de que o pobo xa non entendía o latín, este seguiu a ser a lingua de escritura ata o século XII, momento no que aparecen os primeiros textos en galego. Durante a Idade Media, o galego foi desenvolvido plenamente e en todos os ámbitos (oral he escrito) e chegaron a nos textos en galego de todo tipo.


O noso idioma converteuse na lingua lírica de case toda a península: nas cortes ibéricas, os trobadores compoñían e recitaban as cantigas en galego. y CARACTERÍSTICAS DO GALEGO MEDIEVAL Neste período, o galego e o portugués presentaban unha grande unidade lingüística, sobre todo a variante usada na lírica. A lingua medieval tiña moitos trazos diferentes do galego actual: abundancia de vogais nasais, frecuente uso dos posesivos sen artigo, outras desinencias verbais, palabras hoxe desaparecidas, vacilacións gráficas= A lírica galego-portuguesa y ORIXES Catro teses fundamentais: Tese folclórico (xurdiu a partir das creacións populares).


Tese medio-latina (sostén que os trobadores eran cultos e coñecían e coñecían a poesía medieval latina de ámbito europeo). Tese litúrxica (atribúe á poesía culta da igrexa con elementos folclóricos). Tese arábigo-andaluza (a cultura árabe inflúe no desenvolvemento da lírica provenzal).


Existencia de 2 correntes: Lirismo cortesán Lirismo autóctono peninsular y INFLUENCIA DA LÍRICA PROVENZAL A lírica provenzal ou occitana tivo moita repercusión na galego-portuguesa, sobre todo na elaboración de grande parte das súas composicións. As c antigas de amos e as de es c arnio e maldi c ir teñen unha influencia directa da c ançó (canción amorosa) e do sirventés (canción satírica) provenzais. y AUTORES e INTÉRPRETES Trobador Nobre (situación económica non sempre boa).


Autor das composicións. Á s veces, tamén intérprete. Nos cancioneiros, aparece con nome e apelidos.


Segrel Clase social menor que o trobador. Escudeiros, burgueses e da pequena fidalguía. Autor e intérprete.


Cobra pola súa interpretación. Xograr Condición social baixa Intérprete de cantigas (algún chegou a compoñer) Cítanse polo nome, alcume ou lugar de procedencia. y OS CANCIONEIROS A maioría das cantigas conservadas recóllense en 3 cancioneiros: C ancioneiro de Ajuda: Códice manuscrito de finais do século XIII.


Contén 300 cantigas de amor. C ancioneiro da Biblioteca Vaticana : Copia manuscrita de principios do século XVI. Contén 1200 cantigas dos tres xéneros co nome dos autores.


C ancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa : Copiado no século XVI. Contén case 1600 cantigas de todas as modalidades e tamén un valiosísimo tratado de poética (Arte de trobar), que explica as técnicas de composición das cantigas. A cantiga de amigo Orixe na lírica popular anterior á época trobadoresca, aínda que tamén presenta cesta influencia da lírica de Provenza.


y MODALIDADES Bailadas: acompañan os bailes. Teñen un carácter alegre e vivo. Mariñas ou Barcarolas : está presente o mar (marco onde aparecen os namorados, como símbolo de separación ou confidente das coitas da dama).


C antigas de Romaría: localizadas ao pé dun santuario, dunha ermida ou dunha capela. Albas ou Alboradas : dan referencia ao mencer e están en relación coas provenzais. y CONTIDO Voz Autor masculino que pon a composición en boca dunha muller para expresar os seus sentimentos amorosos.


A palabra clave é amigo. Interlocutores O amigo non sempre é invocado directamente. Para expresar a súa paixón polo amado, moitas veces diríxese a un interlocutor indeterminado ou a diversos elementos da natureza; noutras cantigas, a confidente é unha amiga, unha irmán (non de sangue) ou a nai.


C ampos sémicos Catro campos sémicos: P anexírico: canto que fai a protagonista (da súa propia beleza ou da excelencia poética do seu amigo). É o único campo sémico que se pode combinar co resto. Amor correspondido / amor insatisfeito P rohibición: imposibilidade do encontro entre os namorados.


y A FORMA F orma interna Ten unha clara estrutura paralelística. Tres recursos: Refrán: versos ou versos que se repiten ao final de cada cobra. Pódense clasificar en cantigas de refrán e cantigas de mestría .


P aralelismo: repetición de estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda sexan unha pequena variante dos da primeira. Leixaprén: repetición do segundo verso da primeira cobra no primeiro da terceira. F orma externa Monologadas Dialogadas Estilo e linguaxe Domina o carácter repetitivo.


Atópanse arcaísmos (irmana, louçana=). Presenza de símbolos : cervo (virilidade), cabelo da doncela (virxindade), auga (fecundidade, vida, pureza), mar(separación dos namorados), verde piñeiro/verde herba (sensualidade da primavera). Métrica e rima Cómputo silábico: contando só ata a derradeira sílaba tónica de cada verso.


Non se fan sinalefas É frecuente o hiato. Rima femia: se a palabra final do verso é grave // Rima macho: se a palabra final é aguda. A cantiga de amor As orixes da c.


de amor remóntanse a certa tradición autóctona de cantigas populares dedicadas a mulleres e de motivo amoroso. A influencia máis determinante nas nosas cantigas de amor é a cançó provenzal . A innegable proba diso, son a presenza de un gran número de provenzalismos.


O ideal do amor cortés que denomina as cantigas de amor tamén é de orixe provenzal. Este ideal baseábase na concepción do amor como servizo: o home, como namorado, estaba sometido a súa namorada igual ca un vasalo ao seu señor. O amor cortés presenta diferentes graos de aproximación á dama: F enhedor (suspirante) P recador (suplicante) Entendedor (aceptado) Drudo (amante) y CONTIDO Voz A voz presente é a masculina: é o home quen expón a súa coita amorosa por unha muller.


A palabra clave é senhor, que fai referencia á amada. Interlocutores O destinatario directo é a dama, non obstante, ás veces o autor diríxese á un auditorio indeterminado, a uns amigos, a Deus ou ao mesmo Amor como responsable do seu namoramento. C ampos sémicos Loanza da dama : este eloxio pode referirse á beleza física ou á moral.


Amor do poeta pola dama : manifestase a través de breves anunciados ao longo de toda a cantiga. Aparece de forma reiterada. Reserva da dama: Segredo, prudencia de discreción Prohibición de vela ou de falarlle imposta pola dama ao poeta.


Rexeitamento, despreocupación pola sorte do namorado, indiferenza= C oita de amor: diferentes graos de sufrimento por amor (amor grande, loucura, morte=) y FORMA C lasificación Segundo o refrán Cantigas de refrán / cantigas de mestría Segundo a distribución das rimas C obras unisonantes: repiten as mesmas rimas en idéntica distribución en todas as estrofas. C obras singulares : teñen rimas diferentes na mesma distribución. C obras dobras : repiten as mesmas rimas en idéntica distribución cada dúas estrofas.


C obras alternas : repiten unha mesma combinación de rimas para as estrofas pares e outra para as impares. Recursos Dobre : repetición dunha palabra ou grupo de palabras en posicións simétricas dunha estrofa. Mordobre : r epetición, en posicións simétricas, un mesmo lexema, con variacións nos afixos ou nos morfemas.


F inda: versos finais que se sitúan ao remate da cantiga, a modo de conclusión. C obras capcaudadas : cando o primeiro verso da segunda estrofa repite a rima do derradeiro verso da anterior. C obras capfinidas : o primeiro verso da segunda estrofa retoma algunha palabra ou secuencia de palabras do último verso da anterior.


(Conta o verso anterior o refrán). C obras capdenals: cando dúas estrofas ou máis posúen versos que comezan pola mesma palabra ou grupo de palabras. Estilo e linguaxe O estilo é un tanto convencional.


A cantiga de amor, posúe unha linguaxe máis depurada e estilizada ca a de amigo. A cantiga de escarnio e maldicir A cantiga de escarnio e maldicir provén da unión dun xénero provenzal (sirventés) cunha tradición satírica autóctona de carácter oral. O seu obxectivo principal é a burla, simplemente buscan facer rir.


C antigas de escarnio: sátira encuberta, emprégase o dobre sentido, os eufemismos, a ironía= C antigas de maldicir: ataque directo cunha linguaxe clara e sen ironía. Posúen un inestimable valor sociolóxico e histórico, xa que os trobadores reflicten a sociedade medieval da época. Nestas cantigas, os poetas non teñen que seguir normas formais ou ortográficas, son libres.


Nalgunhas ocasións, o poeta toma o modelo formal dunha cantiga de amigo ou de amor e altera os seu contido nun sentido satírico. Son os coñecidos es c arnios de amigos ou es c arnios de amor . y CONTIDO C ampos sémicos Aldraxe: o castigo, a irrisión= Alimentario : miseria P olémica social : sociedade O bsceno: sexualidade C lasificación Sátira política: xorde a raíz dun suceso ou situación política .


Sátira moral : reflexións morais (recriminacións pola desaparición de antigas virtudes) Sátira social e persoal : debilidades físicas, decadencia dos infanzóns, xeneralizacións, sátira das soldadeiras (luxuria, homosexualidade, vicios). Sátira literaria: dirixen mutuamente trobadores e xograres. A escaseza de habilidades poéticas, a falta de sinceridade, as pretensións de ascenso dos xograres.


A forma C lasificación Cantigas de refrán / cantigas de mestría Recursos Comparte os recursos dos outros tipos de cantigas (refrán, paralelismo, dobre, finda=). Non obstante, tamén posúen recursos propios: Equívoco (utilización de palabras cun dobre significado, normalmente obsceno). Ironía (baséase en afirmar o contrario do que se pensa).


Estilo e linguaxe Un estilo de grande expresividade e unha linguaxe rica e variada.

less